Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
Compartir:
ALCALDÍA

O alcalde aposta por destinos aéreos "permanentes, estables e constantes"

Xerardo Conde Roa e Álvaro Middelmann.
Ampliar Xerardo Conde Roa e Álvaro Middelmann.


Dirixíndose ao despacho do alcalde coa concelleira de Turismo.
Ampliar Dirixíndose ao despacho do alcalde coa concelleira de Turismo.


29/09/2011 Pouco antes de presentar en rolda de prensa a programación de Air Berlin da nova temporada, o seu director xeral en España, Álvaro Middelmann, reuniuse en Raxoi co alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa e coa concelleira de Turismo, Reyes Leis.

Tras a reunión, o alcalde apostou por "prepararse para o futuro" e "ir avanzando nos contactos coas compañías aéreas para establecer novos destinos". Neste sentido, amosouse contrario a que "o futuro do aeroporto se someta exclusivamente ás liñas de baixo custo, porque en determinado momento poden deixar o aeroporto", recordando que, no actual contexto económico, "as subvencións acabaranse". Fronte a isto, Conde Roa quere para Santiago destinos "permanentes, estables e constantes.
Documentos relacionados

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal