Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
ALCALDÍA

O Concello de Santiago e a rede Camiños de Europa trazan liñas de colaboración para promocionar a ruta xacobea

O alcalde saúda o presidente de Camiños de Europa.
Ampliar O alcalde saúda o presidente de Camiños de Europa.


Reunidos no despacho do rexedor municipal.
Ampliar Reunidos no despacho do rexedor municipal.


12/09/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse co presidente e co secretario xeral da rede camiños de Europa AEIE, Alessandro Cardinale e Giovanni Pattoneri. No encontro falaron da posible organización de eventos de promoción do Camiño de Santiago.

A reunión tamén serviu para perfilar liñas de colaboración cultural coas rexións italianas de Umbría e Lazio, por onde trascorren, respectivamente, o Camiño de San Francisco e a Vía Francígena.

Cómpre recordar que, na actualidade, a rede Camiños de Europa traballa en proxectos transnacionais de cooperación en materia de itinerarios culturais europeos.

Voltar


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal