Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
CULTURA

Das Kapital no Festival dos Abrazos

Das Kapital.
Ampliar Das Kapital.


25/08/2011 O Festival dos Abrazos está chegando ao seu fin nesta edición de 2011. Na penúltima xornada, que será este venres 26, gozaremos dun concerto de Das Kapital. Os galegos ofrecerán a súa música electrónica a partir das 22:00 horas na Zona "C" de Bonaval e, se chove, no Centro Galego de Arte Contemporánea. O sábado día 27 celebrarase a última xornada do Festival cun concerto de Bellón Maceiras Quinteto e o espectáculo circense Atempo Circ.

Das Kapital refuga o estado de cousas. Opón ruído negro á dominación consentida e contra o pop consensual ofrece un discurso en chamas, ferido. As súas influencias proveñen de artistas como: Programme, Bobby Seale, Einstürzende Neubauten, Heiner Müller, Stereolab, Atari Teenage Riot, Os Resentidos, Walter Benjamin, Nine Inch Nails ou Lois Pereiro.

Das Kapital naceu en maio de 2010 nun concerto de homenaxe a Radio Océano. Cun funcionamento descentralizado, aberto pero militante, Marcos Paino encárgase dos sintetizadores, O Leo da voz, Tomas Ageitos das percusións e o son en directo, Doutor Chou e David Ageitos introducen as guitarras e Daniel Salgado o adat e o kaossilator.

Editaron en xullo de 2011 o seu primeiro disco, Ruído Negro, e chama a decidir se queremos facer parte do problema ou queremos facer parte da solución.

Organizado pola Concellaría de Cultura, o Festival dos Abrazos conta co patrocinio do Consorcio de Santiago e a colaboración da Asociación Cultural Cidade Vella, que organiza a programación de Feito a Man, integrada no Festival dos Abrazos; o Festival de Cine Euro-Árabe Amal; La Caixa de Barcelona e a Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da USC.

Voltar


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal