Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
FESTAS

O concerto de Cornelius 1960 trasládase do domingo 24 ao martes 26 de xullo

Cornelius 1960.
Ampliar Cornelius 1960.


20/07/2011 Por cuestións de axenda, o concerto de Cornelius 1960, incluído na programación das Festas do Apóstolo e previsto inicialmente para o domingo 24, trasládase ao martes 26 de xullo.

Cornelius 1960 actuará o martes 26, a partir das 23:30 horas, na praza da Quintana. Neste concerto terán como teloneiros ao grupo compostelán Sinestesia, que comezará a tocar a partir das 23:00 horas.

Non sofren ningunha variación os outros dous concertos previstos para ese domingo 24 na Quintana, a cargo de La Máquina del Tiempo e Taxi. A música empezará a soar a partir das 00:15 horas, unha vez remate o espectáculo de luz e son do Obradoiro.

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal