Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
ALCALDÍA

O alcalde compostelán asume a presidencia anual do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España

O alcalde saúda a secretaria xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.
Ampliar O alcalde saúda a secretaria xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.


20/07/2011 O alcalde compostelán recibiu en Raxoi a secretaria xeral do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España, Sonsoles Guillén. O encontro serviu para que esta puxera ao día a Xerardo Conde Roa sobre as actividades do Grupo, do cal ostenta a presidencia o 1 de xullo.

Coa súa toma de posesión, o alcalde asumiu tamén a Presidencia do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Este cargo é rotativo entre os alcaldes de cada unha das cidades e ten unha duración dun ano.

Conde Roa toma o relevo de Fernando Clavijo Batlle, alcalde de San Cristóbal de La Laguna, para continuar traballando e impulsando as actividades dun sólido Grupo que é referencia a nivel mundial pola súa oferta histórico-cultural, así como pola súa actuación conxunta na defensa do patrimonio das cidades que o compoñen.

O Grupo
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España é unha asociación sen ánimo de lucro creada no ano 1993 cuxo obxectivo é actuar de maneira conxunta na defensa do patrimonio histórico e cultural das cidades que o compoñen: Alcalá de Henares, Ávila, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza/Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona y Toledo.

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal