Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
ALCALDÍA

O Goberno local adoptará unha decisión inmediata sobre o Fórum Gastronómico tras unha reunión cos organizadores

O alcalde e a concelleira cos presidentes da Asociación, sección Hospedaxe e Restauración, José Antonio Liñares e Jesús Sordo.
Ampliar O alcalde e a concelleira cos presidentes da Asociación, sección Hospedaxe e Restauración, José Antonio Liñares e Jesús Sordo.


Visitando as aulas de formación.
Ampliar Visitando as aulas de formación.


Conde Roa conversa cos participantes nun dos cursos.
Ampliar Conde Roa conversa cos participantes nun dos cursos.


Noutra parte das instalacións.
Ampliar Noutra parte das instalacións.


Foto de familia de alcalde e concelleira cos responsables da Asociación.
Ampliar Foto de familia de alcalde e concelleira cos responsables da Asociación.


13/07/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, mantiveron un encontro de traballo con representantes de Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago e Comarca. Tras a reunión, o rexedor expresou o seu desexo de "seguir mantendo unha relación directa, fluída e constante" cos hostaleiros composteláns.

Conde Roa e os representantes da Hostalería falaron sobre o estado de diversos temas, como o novo deseño da praza de Abastos ou as terrazas. Sobre este último tema, o alcalde apuntou que "chegaremos a unha solución e, se hai que facer unha modificación dunha ordenanza, farémolo de forma que non prexudique nin a hostaleiros nin a veciños". Así, sobre a instalación de calefactores nas terrazas, indicou que "non é tanto unha cuestión de si ou non, senón de chegar a un punto de equilibrio".

O alcalde e a concelleira visitaron tamén a aula de formación da Asociación. Valorou os cursos de "alto nivel" que alí se imparten e felicitou á entidade polo seu "labor social", xa que algúns destes cursos están dirixidos a desempregados.

Reunión polo Fórum Gastronómico
Preguntado polos xornalistas sobre a participación en 2012 no Fórum Gastronómico, Conde Roa anunciou que para a xornada de mañá xoves está prevista unha reunión cos organizadores do evento. "A partir de entón estaremos en condicións de tomar unha decisión definitiva e inmediata", afirmou. Neste encontro –dixo- agarda coñecer todo o relativo a cuestións coma os compromisos financeiros privados, custos, participantes, planificación, etc.

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal