ALCALDÍA

Conde Roa fai un chamamento á calma e á confianza na localización do Códice Calixtino

07/07/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, indicou que a desaparición do Códice Calixtino é "un golpe moi forte para a cidade", pero quixo facer un chamamento a "manter a calma" e a confiar na localización do exemplar.

Tras expresar o seu "apoio e solidariedade" ao Cabildo, reafirmou a necesidade de "deixar traballar ás forzas de seguridade", porque "agora é o momento de atopar os culpables do roubo" e de "centrar os esforzos na localización do Códice".

Nesta mesma liña pronunciouse o concelleiro de Cultura, Ángel Currás, quen falou de "perda irreparable", por tratarse dunha obra "insustituíble e única" e "unha fonte de investigación nacional e internacional". Tamén expresou a súa confianza en que se recupere o Códice Calixitino, "porque é a xoia da Catedral e da cidade". Sobre a desaparición da obra, apuntou que "cando se trata de pezas tan valiosas, os roubos fanse de forma premeditada".

Compartir: