Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
Compartir:
EDUCACIÓN

As dúas mellores obras escolares do Certame de Teatro Intercentros representaranse no Principal os días 16 e 18 de maio

Cartel do certame.
Ampliar Cartel do certame.


Felicia Estévez e Mercedes Rosón durante a rolda de prensa.
Ampliar Felicia Estévez e Mercedes Rosón durante a rolda de prensa.


03/05/2011 O XVI Certame de Teatro Intercentros alcanzou unha nova edición, convertido xa nunha cita tradicional do calendario educativo do curso. Organizado pola Concellería de Educación e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Santiago, o evento conta este ano con 14 representacións, que poñen en escena os alumnos de dez centros escolares.

Tras as representacións dos días 7, 12, 12, 13 e 14 de abril, as sesións continúan o 4, 5 e 6 de maio. E xa o 16 de maio, ás 20:00 horas, a mellor das obras de Primaria será representada no Teatro Principal. O día 18, á mesma hora, será a vez da obra elixida entre as presentadas polos alumnos de Secundaria.

A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, expresou a súa satisfacción por, nestes tempos de crise económica, "seguir traballando cos nenos aos que tanto lles interesa o mundo do teatro". A esta incidencia da conxuntura económica tamén se referiu Felicia Estévez, en representación da Coordinadora das Equipas de Normalización Lingüística, ao ter detectado "menor representación nos colexios da bisbarra, xa que esta é unha actividade que se realiza fóra do horario lectivo e depende tamén do transporte escolar".

Nesta ocasión realizan as súas representacións dez centros composteláns: IES Rosalía de Castro, IES Xelmírez I, IES Antón Fraguas, IES Eduardo Pondal, CEIP Lamas de Abade, CPR San Jorge, CEIP de Vite, CEIP López Ferreiro, CEIP Ramón Cabanillas e CPR San José de Cluny.

Felicia Estévez destacou a variedade das obras desta edición, que van dende as elaboracións propias a obras clásicas, tanto de teatro como de prosa. Ademais, valorou a importancia das representacións do Teatro Principal, "porque é onde se senten máis profesionais e failles moita ilusión".
Documentos relacionados

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal