Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
Compartir:
XUNTA DE GOBERNO

O proxecto da Vía Verde que unirá Santiago e Ordes estará listo en maio

Imaxe da reunión da Xunta de Goberno Local
Ampliar Imaxe da reunión da Xunta de Goberno Local


26/04/2011 A Xunta de Goberno deu o visto bo á ampliación do prazo de execución dos traballos de redacción do devandito proxecto nunha sesión na que tamén se aprobaron 26 expedientes sobre beneficios fiscais no imposto sobre vehiculos de tracción mecánica, no imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana e no imposto sobre bens inmobles.

Na sesión celebrada hoxe, a Xunta de Goberno Local acordou autorizar á Fundación de los Ferrocarriles Españoles a prórroga do prazo de execución dos traballos de redacción do proxecto Vía Verde Santiago-Ordes ata o vindeiro 30 de maio, proxecto que conta cun orzamento de 41.300 euros. As Vías Verdes son antigos trazados ferroviarios reconvertidos en itinerarios non motorizados para desprazamentos a pé ou en bicicleta e para a práctica dun lecer activo e saudable. A Sionlla, Busto, Berdía e Nemenzo son as catro parroquias compostelás polas que discorren estas vías que, ademais de polos concellos de Oroso e Ordes, tocan os municipios de Tordoia e Cerceda.
A recuperación de camiños de ferro en desuso e a súa transformación en Corredoiras Verdes é unha tendencia cada vez máis en auxe dado o gran valor ambiental, patrimonial, paisaxístico e turístico destes carreiros. Os concellos de Santiago de Compostela, Oroso e Ordes contan con 24 quilómetros de vías sen uso que, unha vez acondicionadas, resultarían moi doadas de transitar, tanto en bicicleta como camiñando, e constituirían un espazo de grande atractivo polo interese natural, paisaxístico e sociocultural.

Noutra orde de cousas, resolvéronse os dous recursos de reposición presentados contra as bases xerais da convocatoria de prazas da oferta de emprego do Concello do ano 2010. Por último, aprobouse cualificar como Iniciativa Local de Emprega o proxecto Precicla!, presentado polos promotores Marta María Gómez Piñeiro e Sebastián Gonda Casagrande. Esta cualificación autoriza ao auso de instalacións do Centro de Formación Ocupacional de Aríns durante un mes dentro do primeiro ano a partir do inicio da actividade así como o acceso ás actividades formativas que realice o Concello ao longo do ano 2011 a través do Servizo de Apoio á Empresa.

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal