Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
TURISMO

A Asociación Hostalería Compostela acolle o proceso de preselección das tapas preinscritas en "Santiago(é)Tapas"

Tapa gañadora da última edición.
Ampliar Tapa gañadora da última edición.


12/04/2011 O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e os presidentes da Asociación Hostalería Compostela, José Antonio Liñares e Xesús Sordo, visitaron o local da asociación, onde entre o luns e o mércores desta semana os establecementos preinscritos na cuarta edición de Santiago(é)Tapas prepararán as súas receitas, que serán valoradas por un xurado de preselección, que ten por obxectivo garantir a calidade de todas as tapas que participen no concurso.

Santiago(é)Tapas chega á súa cuarta edición superando o número de preinscritos. Nesta edición apuntáronse 61 establecementos da cidade, que reaccionaron positivamente ao cambio de datas realizado a petición da Asociación Hostalería Compostela. O concurso pasa de celebrarse na segunda quincena de xuño á segunda quincena de maio. En concreto, será entre o 13 de maio e o 29 de maio. O número máximo de participantes definido nas bases é de 50, se ben pode ampliarse se hai unha demanda de participación suficiente.

Turismo de Santiago, co obxecto de continuar afondando na idea da calidade como valor estratéxico para competir no mercado turístico e especialmente no sector gastronómico, deseñou este ano un proceso de preselección de todas as tapas inscritas ao concurso, no que están colaborando dun modo moi estreito tanto a Asociación Hostalería Compostela como todos os establecementos participantes.

Os restaurantes preinscritos teñen que cociñar catro unidades das súas tapas nas instalacións da Asociación da Hostalería. Unha das unidades é para quitar as fotografías que se empregarán na comunicación do concurso, como o Tapasporte ou a web; mentres que as outras tres serán degustadas por un xurado composto por profesores de hostalería, representantes da Asociación e profesionais do sector.

Santiago(é)Tapas é un evento organizado por Turismo de Santiago e promovido polo Concello de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela. Nesta edición enmárcase dentro do programa de actividades do Consorcio de Santiago do 800 aniversario da consagración da Catedral.

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal