Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
CULTURA

Música, teatro e danza na oferta cultural de Compostela para o mes de abril

Socorro García Conde e Paulo Rodríguez durante a rolda de prensa.
Ampliar Socorro García Conde e Paulo Rodríguez durante a rolda de prensa.


31/03/2011 A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, presentaron a programación cultural do mes de abril, na que destacan o programa de abono, Hindi Zahra en Sons da Diversidade; Teatro Lliure Gràcia en Teatro en Xira e Traspediante no SCQ Danza. Ademais, resaltaron que o día 6 inaugúrase unha nova exposición no Auditorio de Galicia, Casus Belli +Refutación do contexto`/em], e que nos Centros Socioculturais se desenvolverá un programa sobre a represión e a memoria histórica: A memoria silenciada. Conxo e Compostela.

Teatro en Xira chega de novo ao Teatro Principal o mércores 6, ás 21:00 horas. Nesta ocasión Teatro LLiure Gràcia presenta La gata sobre el tejado de zinc caliente, de Tenesseee Williams. Pero ademais, do teatro en xira tamén teremos producións propias galegas. Así, o venres 1 e o sábado 2 poderemos ver tamén no Principal a Teatro do Adro coa súa obra Ai Carmela!, de José Sanchís Sinisterra, dirixida por Tito Asorey. Xa máis entrado o mes, os días 14 e 15 poderemos asistir ao Atra Bile de Teatro de Ningures, dirixido por Etelvino Vázquez.

A danza neste mes trae eventos importantes. Non podía ser menos. no mes no que se celebra o Día Internacional da Danza. Así, dentro de SCQ Danza, o propio Día, 29 de marzo, teremos a Traspediante coa súa peza Habelas, dirixida por Begoña Cuquejo. Danesga, asociación de profesional de Danza Escénica de Galicia, celebra esta efeméride ofrecendo no Auditorio de Galicia o día 25 o espectáculo Ven, de Cía la Macana.

Como cada mes non pode faltar o espazo relevante da música na programación mensual. De novo, temos unha cita con Sons da Diversidade. Será o sábado 16 cando Hindi Zahra presenta Handmade, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia. Ademais, continua o programa de abono con varios concertos neste mes de marzo, así como os concertos da Banda Municipal de Música, e os Concertos Didácticos tanto da Banda Municipal como dos profesores do Conservatorio Profesional de Música de Santiago. Ademais, este mes, no eido musical destacan tamén o concerto no que Marful presenta o seu ultimo traballo, o día 30 ás 21.00 horas no Auditorio, ou o de María do Ceo facendo o mesmo o sábado 9 no Teatro Principal.

A concelleira quixo destacar que neste mes de abril inauguramos exposición no Auditorio de Galicia. Será o mércores 6, ás 19:30 horas, con Casus Belli +Refutación do Contexto, comisariada por Alberto González-Alegre e Ángel Cerviño. Ademais, tamén lembrou que nos Centros Socioculturais está a mostra A memoria da xente e na Zona "C" pódese visitar ata o 24 de abril Give me your picture, de Carolina Caluori, comisariada por Basilisa Fiestras.

En canto á programación que se desenvolve nos Centros Socioculturais, García Conde lembrou que continuamos cos programas habituais que hai ao longo do ano como as visitas culturais, obradoiros diversos, Club de Maiores, Aula de Xogo... e destacou o programa A memoria silenciada. Conxo e Compostela, que se presentará máis polo miúdo e que pretende recuperar a memoria dos represaliados na nosa cidade cun ciclo de conferencias, táboas redondas e proxección de filmes e documentais.
Documentos relacionados

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal