Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
Compartir:
CULTURA

Tanttaka Teatroa presenta "La mujer justa" dentro do ciclo Teatro en Xira

Escena de "La mujer justa".
Ampliar Escena de "La mujer justa".


21/03/2011 Tanttaka Teatroa chega a Compostela para representar La mujer justa dentro do ciclo Teatro en Xira, que trae o mellor teatro que está a xirar pola Península. Teatro comercial de calidade, teatro clásico e tamén producións máis arriscadas neste ciclo que organiza a concellaría de Cultura e Centros Socioculturais. La mujer justa poderá verse no Teatro Principal o martes 22 e o mércores 23, a partir das 21:00 horas.

Os vascos Tanttaka Teatroa, compañía recoñecidísima por El florido pensil, chegan esta vez a Compostela presentando La mujer justa, do dramaturgo Sandor Márai, adaptada por Eduardo Mendoza. Tres voces, tres puntos de vista, tres sensibilidades diferentes para desentrañar unha historia de paixón, mentiras, traizón e crueldade concibida por Sándor Márai nos anos cuarenta, a época máis fértil e lúcida na súa traxectoria. A obra é tamén unha crónica da decadencia e extinción dunha sociedade rixidamente xerarquizada e o profundo cambio que sufriu Europa a mediados do século XX como consecuencia da guerra, a destrución e a barbarie.

Dentro do ciclo xa se disfrutar en febreiro de Razas de David Mamet, texto que viña de triunfar en Broadway, e que chegou a Compostela adaptado e dirixido por Juan Carlos Rubio e protagonizado por Toni Cantó e Bernabé Rico. Outra das producións comerciais de calidade chegará en maio. É Crimen perfecto, con texto do dramaturgo inglés Frederick Knott, dirixido por Víctor Conde e protagonizado por Elena Furiase e Jorge Sanz.

As propostas en formato máis clásico chegan da man deste Tanttaka Teatroa e tamén de Teatre Lliure e El Cruce. En abril, o Teatre Lliure, en coprodución co Centro Dramático Nacional, levará a escena La gata sobre el tejado de zinc caliente, unha produción adaptada e dirixida por Àlex Rigola sobre o texto de Tennessee Williams. E outro dos directores máis reputados do teatro español, Ernesto Caballero, chega a Compostela en outubro con La colmena científica o el café de Negrín, de Teatro El Cruce, que recrea dende unha óptica actual a historia da Residencia de Estudiantes de Madrid.

E a aposta máis arriscada queda para decembro, cando arribará Torvaldo furioso, dirixida polo vigués Lino Ferreira, de El Óbolo Producciones, unha compañía novel que se pode encadrar dentro da chamada "xeración La Abadía" de profesionais da escena que se formaron ao abeiro desta "casa do teatro" madrileña.

As entradas -a 12, 8 e 5 euros no Principal e 15 no Auditorio- xa están á venda na billeteira virtual de Caixa Galicia.

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal