Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
FESTAS

Vinte e cinco comparsas, doce carrozas e multitude de disfraces desfilarán polas rúas da cidade no martes de Antroido

Desfile do Antroido na edición de 2010.
Ampliar Desfile do Antroido na edición de 2010.


O concelleiro deu conta das comitivas que participarán nesta edición do Antroido.
Ampliar O concelleiro deu conta das comitivas que participarán nesta edición do Antroido.


07/03/2011 O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentou os detalles da organización do desfile do Martes de Antroido. Despois dun bo comezo de festas cun cheo total do Toural no pregón de Nucha e Mucha, o bo tempo continúa acompañando este días para animar aos cidadáns a saír ás rúas e pasar unha tarde divertida co desfile. "Esperamos unha participación moi alta, superior á de anos anteriores", manifestou Baqueiro.

Pola mañá haberá animación na rúa a cargo do grupo Samba Brasil (praza do Obradoiro, praza do Toural e praza Roxa), e tamén da charanga TNT, que percorrerá distintas rúas da cidade.

Cun nivel de inscrición superior ao de 2010, este ano conseguiuse de novo un resultado récord con 25 comparsas, 12 carrozas, 12 grupos de disfraces, 18 parellas e 16 participantes individuais. Ademais dos inscritos no concursos, desfilarán outros incondicionais do Antroido que, aínda que non obtan aos premios, pasearán coas súas creacións carnavaleiras. "Contaremos con máis de 1.500 participantes que animarán a todo o público coa súa posta en escena", indicou Baqueiro.

Destaca unha comparsa de Santiago formada por 250 persoas do Colexio Alborada entre alumnos, pais e nais e profesores. Representarán o espectáculo Alborada Circus. Outras das comparsas son dúas invitadas polo Concello: os da Caña de Marín, formada por 70 persoas con vistosos traxes e carrozas; e o grupo Samba Brasil, cunha carroza de fantasía carioca onde se bailará a ritmo de batukada.

O xurado, disposto nos balcóns do Hotel Hesperia Compostela (praza de Galicia), estará composto por Xosé Baqueiro, en función de presidente; como vogais: un membro de cada grupo político con representación no Concello; un representante da Asociación da Prensa; un representante da Escola de Artes Aplicadas Mestre Mateo; un representante da Universidade; un representante do movemento veciñal; outro do movemento cultural da cidade e outro das asociacións xuvenís; así coma un representante do Museo do Pobo Galego; e finalmente como secretaria a funcionaria municipal Montserrat Cillero. Tamén haberá varios membros do xurado dispersos por diferentes puntos do percorrido, para ver o nivel de interpretación dos participantes.

O percorrido
O desfile saíra ás 17:30 horas da Estación de Ferrocarril, para percorrer Romero Donallo, Santiago de Chile, Frei Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do Salvador, Hórreo, Senra e avenida de Xoán Carlos I.
A entrega de premios farase no paseo central da Alameda a partir das 21:00 horas, onde xa estará preparada a orquestra Ismael para poñer música a unha noite de festa. En total repartiranse 13.500 euros entre todas as categorías a concurso. "Esperamos ter as rúas abarrotadas de xente, e que todos cumpran as normas da Policía Local e Protección Civil para o bo transcorrer da tarde", apuntou o concelleiro.

A decisión dos membros do xurado e a entrega de premios producirase no Paseo Central da Alameda.

Maquillaxe e máscaras
Na tarde do luns continou o obradoiro de maquillaxes, disfraces e máscaras na praza do Toural. Os máis pequenos pudieron achegaser para pasar unha tarde entretida coa axuda de oito monitores especializados en tempo libre e manualidades.

Arredor da fonte do Toural colocáronse varios mostradores e unha carpa para desenvolver a actividade. Empregáronse diversos materiais, como bolsas de plástico para a base do disfraz e gran variedade de papeis de cores. O grupo de monitores serviu de guía para que os nenos e nenas puideran confeccionar os seus traxes por si mesmos. Para acabar coa caracterización dos pequenos instalouse tamén unha zona de maquillaxe, onde se pintou a cara e o pelo en función da temática do disfraz.

Voltar


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal