Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
Compartir:
CONSORCIO

O Consorcio de Santiago renova parte da cuberta do mosteiro de San Martiño Pinario

Área afectada polos traballos.
Ampliar Área afectada polos traballos.


01/03/2011 O Consorcio de Santiago, no marco das súas políticas de recuperación do patrimonio histórico da cidade, decidiu renovar parte da cuberta do mosteiro de San Martiño Pinario. As obras afectarán a unha superficie de 600 metros cadrados correspondente ao tellado dun dos corpos do patio norte, situado na parte posterior á igrexa e contiguo á horta do convento. Ademais aproveitarase para realizar traballos de limpeza na fachada da mesma zona.

O custo das obras será de algo máis de 62.000 euros. A obra permitirá renovar a totalidade da cuberta nesa zona, repoñendo as tellas, moitas delas rotas na actualidade. Tamén se retirará a vexetación que invade parte das pendentes. Estímase que as obras duren seis meses.

Estas obras veñen sumarse a unha campaña de actuacións desenvolvidas polo Consorcio de Santiago no mosteiro de San Martiño durante os anos 1999, 2001, 2003, 2004 e 2005, durante as que investiu máis de 497.000 euros. Ademais, compre salientar que, dende 2007, na horta do mosteiro está instalado o Obradoiro de Cantería do programa A pedra que pisas, de conservación e reparación dos pavimentos históricos de Santiago e promovido polo Consorcio en colaboración coa Fundación Laboral da Construción

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal