Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
Compartir:
PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Participación Cidadá convida os composteláns a coñecer Galicia a través do sendeirismo e das feiras gastronómicas

Guadalupe Rodríguez e Antonio Pose explicaron o programa.
Ampliar Guadalupe Rodríguez e Antonio Pose explicaron o programa.


10/02/2011 A concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, presentou o programa Coñecendo o país, que permitirá aos composteláns participar en 17 rutas de sendeirismo e outras 13 gastronómicas. As primeiras serán principalmente os sábados, mentres as visitas ás feiras culinarias serán os domingos.

O éxito das rutas de sendeirismo postas en marcha en 2010 con motivo do Ano Santo, levou á Concellería de Participación Cidadá a insistir nesta liña. Desta vez organizáronse 17 rutas para descubrir activamente o patrimonio natural de Galicia. Os percorridos teñen maioritariamente unha dificultade media e baixa, co obxectivo de que persoas de todas as idades e condición física poidan participar.

Tanto a concelleira como Antonio Pose, do Club Vía Láctea, convidaron os composteláns a apuntarse a estas rutas. Este último agradeceu a Participación Cidadá a súa aposta polo "fomento de hábitos saudables entre a poboación".

A primeira das rutas terá lugar o sábado 19 de febreiro e, a última, o sábado 12 de novembro. Os prezos oscilan entre os sete euros (a maioría) e os 78 euros.

Feiras gastronómicas
A outra parte do programa Coñecendo o país fórmana 13 rutas gastronómicas, que levarán os veciños a gozar doutras tantas feiras dedicadas a algún manxar. Neste caso, o prezo das excursións diarias é de sete euros.

Tanto no caso das rutas de sendeirismo como nas gastronómicas, os interesados poderán facer a súa solicitude na Casa das Asociacións, no teléfono 981 542 350 ou no correo electrónico participacioncidada@santiagodecompostela.org. No caso das rutas de sendeirismo, tamén no correo clubvialactea@gmail.com. O pago farase efectivo nunha conta bancaria unha vez confirmada a inscrición.

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal