Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
ALCALDÍA

As confrarías preparan a Semana Santa

O alcalde saúda aos integrantes da directiva da Xunta de Confrarías.
Ampliar O alcalde saúda aos integrantes da directiva da Xunta de Confrarías.


17/01/2011 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse en Raxoi coa nova directiva da Xunta de Confrarías.

Os directivos explicáronlle ao alcalde os preparativos para a Semana Santa, na que xa están traballando. Neste sentido, é o seu obxectivo continuar na liña destes últimos anos, nos que a Semana Santa recuperou o seu pulo nos e converteuse nun atractivo turístico máis da cidade. A iso contribúen as numerosas procesións que percorren as rúas e eventos coma o Festival de Músicas Contemplativas.

A celebración do 800 aniversario da consagración da Catedral tamén estará moi presente no programa deste ano, especialmente no pregón.

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal