Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
Compartir:
ALCALDÍA

A Biblioteca e o Arquivo da Cidade da Cultura de Galicia abren as súas portas

As autoridades no exterior do recinto.
Ampliar As autoridades no exterior do recinto.


O alcalde co conselleiro de Cultura, Roberto Varela.
Ampliar O alcalde co conselleiro de Cultura, Roberto Varela.


Chegada dos Príncipes de Asturias.
Ampliar Chegada dos Príncipes de Asturias.


Visitando o complexo.
Ampliar Visitando o complexo.


Noutra das estancias.
Ampliar Noutra das estancias.


Intervención de Don Felipe.
Ampliar Intervención de Don Felipe.


Vista xeral dos asistentes ao acto inaugural.
Ampliar Vista xeral dos asistentes ao acto inaugural.


Na Biblioteca.
Ampliar Na Biblioteca.


Dirixíndose a outra das estancias do edificio.
Ampliar Dirixíndose a outra das estancias do edificio.


Vista exterior da parte rematada da Cidade da Cultura.
Ampliar Vista exterior da parte rematada da Cidade da Cultura.


11/01/2011 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu ao acto de apertura da Biblioteca e do Arquivo da Cidade da Cultura, presidido polos Príncipes de Asturias. Tamén participaron, entre outros, a ministra de Cultura, Ángeles González Sinde, ou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ademais do arquitecto, Peter Eisenman.

Todos eles visitaron os dous edificios guiados polo propio arquitecto e participaron no acto celebrado na Biblioteca de Galicia. Alí, a Súa Alteza Real o Príncipe Felipe cualificou como "sereno, estimulante e renovador" o complexo do Gaiás. Don Felipe valorou a contribución da Cidade da Cultura ao patrimonio cultural de España e á proxección de Galicia. Para Peter Eisenman tivo parabéns pola "paisaxe arquitectónica, estimulante e renovadora".
Pola súa parte, o presidente da Xunta definiu o complexo como "centro de peregrinación cultural" e destacou a súa beleza arquitectónica. A este respecto, recordou que emula o casco histórico de Santiago, polo que serve de "complemento perfecto" para a Catedral de Santiago.

A parte rematada do complexo da Cidade da Cultura de Galicia estará aberta ao público de 8:00 a 20:00 horas todos os días da semana a partir do 12 de xaneiro. Neste horario, os visitantes poderán acceder ao recinto a pé, no seu vehículo particular, ou utilizando o autobús urbano. A área de acceso libre será a que rodea os dous edificios inaugurados: a Biblioteca e o Arquivo de Galicia.

O horario de atención ao público da Biblioteca e do Arquivo será de 8:30 a 14:30 horas de luns a venres. Neste horario, os cidadáns poderán facer uso dos servizos que estas institucións comezarán progresivamente a prestar. Ademais das funcións propias destas institucións, os dous edificios dispoñen de espazos para acoller exposicións. Para visitalas, poderá facerse todos os días da semana de 10:00 a 14:00 e entre as 16:00 e as 20:00 horas. Neste momento, están abertas tres: Peter Eisenman. A Cidade, Espazos propios de Candida Höfer e Exlibris Gallaeciae. Dos libros de Galicia.

Visitas guiadas
Todos os días, ás 12:00 e ás 18:00 horas, sairán visitas guiadas dende o Punto de Información da Cidade da Cultura de Galicia, situado no Espazo ON, nos soportais da Biblioteca de Galicia. Para participar abonda con presentarse na hora marcada. O itinerario incluirá un percorrido na compaña dun guía profesional polo Arquivo, a Biblioteca de Galicia e as tres exposicións en marcha.

As fins de semana haberá un servizo especial de visitas guiadas que recollerá ós participantes en autobús en Santiago. Os sábados e domingos, ás 12:00 e ás 17:00 horas, sairá un autobús dende a sede da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, no número 2 da rúa de San Roque. Para participar é preciso reservar praza na web www.cidadedacultura.org ou chamar ao 881997570 entre as 9:00 as 14:00 horas. Estas visitas incluirán un percorrido en autobús polo exterior da Cidade da Cultura de Galicia e logo un itinerario pola Biblioteca, o Arquivo e as exposicións.

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal