Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
CULTURA

Todo Lírica clausura o seu 10º aniversario coa actuación da soprano Sabina Puértolas

Sabina Puértolas.
Ampliar Sabina Puértolas.


03/01/2011 Chega ao seu remate a décima edición de Todo Lírica, un proxecto creado hai dez anos pola Concellaría de Cultura de Santiago e a Asociación Galega da Lírica, e que un ano máis, como dende a súa primeira edición -baixo o nome de Festival de Zarzuela de Santiago-, deu exitosos froitos artísticos e de público.

Protagonista desde último concerto de Todo Lírica 2010 é a soprano navarra Sabina Puértolas, sen dúbida unha das sopranos españolas máis importantes do momento. Tras rematar a súa formación en Siena e Busseto, gañou os prestixiosos concursos Ricardo Zandonai en Rovereto, Luis Mariano de Irún, Julián Gayarre en Pamplona e Manuel Ausensi en Barcelona. A súa emerxente carreira xa a levou a debutar en teatros de ópera da categoría da Scala de Milán, Washington, Toulouse, Verona, Campos Elíseos de París, An der Wien de Viena, Barbican e Covent Garden de Londres, Amsterdam, etc.

Programa do concerto
O programa que cantará Sabina Puértolas comezará con cancións do catalán Enrique Granados (o seu ciclo de Cancións amatorias) e do francés Leo Delibes, antes de meterse de cheo na zarzuela con coñecidas romanzas de compositores como Pablo Luna (El niño judío), José Serrano (La canción del olvido), Amadeo Vives (Doña Francisquita), Gerónimo Giménez (El barbero de Sevilla), Ruperto Chapí (Las hijas de Zebedeo), etc.

Sabina Puértolas estará acompañada por Héctor Guerrero, novo pianista leonés especializado no lied e que atesoura unha dilatada experiencia concertística con actuacións en importantes salas e festivais en España, Francia, Inglaterra, Bélxica, Eslovaquia, Austria, Italia, Brasil, Cuba, etc., actividade que compaxina coa actividade docente na Escola Superior de Canto de Madrid.

As localidades soltas para o concerto (6 euros) poden adquirirse no servizo de venda de entradas de Caixa Galicia e, o día de cada concerto, na billeteira do Teatro Principal.
Documentos relacionados

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal