Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
Compartir:
CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia ofrece o seu tradicional Concerto de Reis

Paul Daniel.
Ampliar Paul Daniel.


03/01/2011 Como todas as temporadas, a Real Filharmonía de Galicia inicia o ano novo co seu tradicional Concerto de Reis, un recital especial para un serán particular como é a véspera do día de Reis. Será o mércores 5, á partir das 22:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Para a ocasión, o principal director convidado da Filharmonía, Paul Daniel, ideou un programa orixinal que contará coa presenza do tenor Benjamin Bernheim, quen cantará diferentes arias de ópera. O recital complétase ao inicio e ao final con dúas pezas compostas por Antonín Dvorák.

Os fondos recadado pola venda de entradas serán destinados ao Fogar Albergue de San Francisco, rexentado polos Irmáns Franciscanos de Santiago de Compostela para proporcionar a aquelas persoas que carecen de medios (transeúntes, vagabundos...) un lugar no que pasar a noite, ter servizos de hixiene, roupa, e unha acollida cálida e sincera.

Toda a información do concerto e as notas ao programa están dispoñibles nas webs da Real Filharmonía e do Auditorio de Galicia .

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal