ALCALDÍA

A iluminación de Nadal dá colorido a 36 rúas e seis prazas da cidade

18/12/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a iluminación de Nadal na praza do Obradoiro, acompañado polo concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, e por outros membros da Corporación. A continuación, e tras percorrer algunhas rúas do Casco Histórico, dirixíronse todos á Praza Roxa, onde tamén quedou inaugurada a pista de xeo instalada en colaboración con Santiago Centro.

Na praza do Obradoiro quedou acesa unha árbore con máis de 6.000 puntos de luz e instalado o nacemento. Ademais, un quilómetro de cable branco con 34.000 puntos de luz ilumina a fachada do Pazo de Raxoi. O acto inaugural contou coas notas musicais da Escola Municipal de Música.

No resto da cidade están iluminadas 36 rúas (23 no Casco Histórico e 13 no Ensanche) e seis prazas (tres no Casco Histórico e tres no Ensanche). En particular destacan os tetios de luces das prazas do Toural e de Cervantes. Na Praza Roxa colocouse unha árbore de dez metros con 6.000 puntos de luz. Ademais, conta con luces a Alameda, e en especial o paseo dos Leóns.

O orzamento destinado a esta iluminación foi de 100.000 euros, cifra na que se inclúen as melloras da empresa adxudicataria. Sumando a iluminación do Pazo de Raxoi, realizada en colaboración coa Xunta, e a Alameda, o investimento alcanza os 130.000 euros.

Compartir: