Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
COMERCIO

A Concellería de Promoción Económica impulsa unha nova campaña de promoción e defensa do pequeno comercio

José Ángel Blanco, xerente de Compostela Monumental; Xosé Manuel Iglesias; e Pura Cendón, xerente de Santiago Centro.
Ampliar José Ángel Blanco, xerente de Compostela Monumental; Xosé Manuel Iglesias; e Pura Cendón, xerente de Santiago Centro.


14/12/2010 A Concellería de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo promove una nova campaña publicitaria para apoiar e defender o pequeno comercio coa mensaxe "Pequenos detalles que fan grande o pequeno comercio".

O concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, presentou esta campaña, cuxa filosofía é a de potenciar as vantaxes que nos pode transmitir como consumidores o pequeno comercio e que non pode ofrecernos outro tipo de establecementos. As mensaxes céntranse pois nesas pequenas cousas ou detalles sinxelos que poden chegar a ser fundamentais para decantar ao consumidor a comprar no pequeno comercio: proximidade humana e xeográfica, confianza, coñecemento do cliente, especialización nos produtos...

A campaña, de difusión local e comarcal, componse de varias pezas para inserir en prensa, radio e televisión. Nelas quérese propoñer un ton próximo, cunhas imaxes moi frescas e cuns textos que resumen eses pequenos detalles que nos ofrece o pequeno comercio a diario.

Estas pezas inseriranse nos principais medios de comunicación da cidade e estarán dirixidos a todos os veciños e veciñas de Santiago. A campaña desenvolverase durante a temporada de Nadal.

Voltar


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal