Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
ALCALDÍA

Santiago de Compostela, epicentro mundial da cultura de paz

As autoridades que presidiron o acto inaugural.
Ampliar As autoridades que presidiron o acto inaugural.


03/12/2010 Cun acto inaugural no Paraninfo da USC deu comezo o Foro Mundial de Educación 2010. Este evento converterá a Santiago de Compostela no epicentro mundial da cultura de paz. Será un contedor de eventos e actividades a nivel mundial que xiran arredor desta temática, contando co auspicio das Nacións Unidas e da UNESCO. entre outras organizacións internacionais.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, interveu neste acto inaugural, que arrincou e finalizou coa actuación musical da galega Susana Seivane. Tamén participaron no acto, entre outros, o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez; a directora xeral do Instituto da Muller, Laura Seara; o reitor da USC, Juan Casares Long ou o ex director da UNESCO e presidente do Comité Organizador do Foro 2010, Federico Mayor Zaragoza.

Xa para a tarde estaba prevista unha visita guiada ao Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MACUF), na Coruña, para ver a exposición Frecuencias, culminando a xornada cunha conferencia ofrecida de Federico Mayor Zaragoza titulada A responsabilidade da comunidade científica diante dos desafíos de hoxe.

1.000 asistentes de 40 países participarán nunhas 150 actividades, nas diversas experiencias educativas e en tres congresos nos que se debaterá arredor de información e dereitos humanos, dereito humano á paz e memoria de guerra.

Voltar


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal