Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
EDUCACIÓN

Tintimán traza un aventureiro itinerario educativo por Compostela

Mercedes Rosón mostra as ilustracións da obra; ao seu carón, Jaureguízar e Manuel Bragado.
Ampliar Mercedes Rosón mostra as ilustracións da obra; ao seu carón, Jaureguízar e Manuel Bragado.


Portada do libro.
Ampliar Portada do libro.


01/12/2010 Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela, de Jaureguízar, é a primeira entrega dunha serie de novelas que teñen como protagonista a Tintimán. A Concellería de Educación servirase deste personaxe para a promoción da lectura e do coñecemento da cidade dentro das actividades de Nadalxogo.

A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, introduciu a Jaureguízar e ao director xeral de Edicións Xerais de Galicia, Manuel Bragado, na presentación de Corazón de Compostela, que este último espera sexa "o proxecto máis exitoso da nosa narrativa xuvenil contemporánea". Ademais, agradeceu ao Concello de Santiago que teña elixido a Tintimán como eixe para "fomentar a lectura e o coñecemento da propia cidade" entre os máis novos.

Bragado describiu a publicación coma "unha novela de intriga histórica de lectura engaiolante" e destacou as atractivas ilustracións de Matalobos que acompañan a obra. Esta xorde, segundo o seu autor, Jaureguízar, da súa propia experiencia nos institutos e de comprobar "o descoñecemento que ás veces hai do que foron as propias cidades".

"Ritmo, acción e aventuras" son os ingredientes desta novela, en palabras do autor, que sacou o nome de Tintimán en homenaxe á revista do mesmo nome que xurdira en Vigo nos tempos da movida. E todos estes compoñentes sérvenlle a Jaureguízar para falar, por exemplo, da historia dun personaxe tan ligado á cidade como Xelmírez.

A cidade de Santiago é o escenario emocionante e arriscado para o primeiro misterio que ten que descubrir Tintimán. Os seus seguintes enredos estarán na Coruña e despois virán Vigo, Lugo, Ourense, Ferrol e Pontevedra.

O personaxe
Tintimán é un rapaz compostelán que herdou do seu pai: a paixón por investigar misterios, o amor pola aventura e un axetreado traballo de xornalista. Asemade recibiu en herdanza un gato ben peculiar e unha casa na rúa das Hortas. Tintimán era fillo dun correspondente de guerra que morreu no deserto de Iraq e o seu fillo non vai deixar morrer a súa memoria nin o seu compromiso coa verdade e a xustiza.

Tintimán quere ser reporteiro, pero non sabe por onde empezar. Por casualidade, descobre a Irmandade Xelmírez, unha seita que domina Galicia e que se move por un labirinto baixo a Praza do Obradoiro. Este heroe debe demostrar que se trata dunha realidade e non dunha lenda urbana para informar aos lectores do Diario Galego.
Documentos relacionados

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal