ALCALDÍA

As Cidades Patrimonio da Humanidade de España tamén peregrinaron a Santiago

20/11/2010 A Comisión Executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, formada por varios alcaldes do Grupo, entre eles o compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, realizou parte do Camiño como mostra de apoio ao Xacobeo 2010.

Tras a celebración na xornada anterior da Comisión Executiva e da entrega do Premio Cidades Patrimonio, esta vez os alcaldes realizaron parte do Camiño de Santiago e descubriron unha placa conmemorativa desta peregrinación no Parque de San Lázaro. Posteriormente asistiron á Misa do Peregrino, con invocación e ofrenda por parte do actual presidente do Grupo e alcalde de San Cristóbal de La Laguna, Fernando Clavijo Batllé.

Compartir: