Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):
A concelleira e o técnico de Normalización Lingüística Anxo Otero diante do cartaz co slogan da campaña.
Guadalupe Rodríguez sostén a carauta que se repartirá na campaña.
12/02/2010 A concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, presentou unha nova campaña de promoción do uso da lingua galega, que un ano máis aproveita a data de San Valentín (14 de febreiro) para fomentar relacións afectivas cara o idioma. Namórate da lingua é o título desta iniciativa, dirixida a rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO. Haberá premios para as mensaxes máis orixinais e creativas.
Segundo explicou Guadalupe Rodríguez, Namórate da lingua está dirixido a escolares duns 14 ou 15 anos, por ser estas idades moi vinculadas ao descubrimento das relacións afectivas. A campaña xa está sendo difundida nos centros de ensino do Concello, onde os rapaces atopan a imaxe co lema da campaña: "Tes unha cita a cegas. Ven e namórate da lingua". O obxectivo é fomentar a creatividade e as relacións sociais da mocidade para incentivar un xogo de interese, descuberta e diversión coa lingua.Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.