URBANISMO

Luz verde para as vivendas de Lamas de Abade e A Muíña

01/08/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu hoxe un novo consello de administración da Empresa Municipal de Vivenda e Solo (EMUVISSA) no que, entre outras cuestións, aprobáronse os pregos de condicións para licitar as obras do SUP-5 de A Muíña e o do SUNP-12 de Lamas de Abade.

O solo de A Muíña conta cunha superficie de 75.268 metros cadrados nos que se construirán 414 vivendas, das que 10 son de realoxo e as restantes de protección autonómica. O orzamento final da obra ascende 5.496.915,54 euros e o prazo de execución está previsto en doce meses.

A superficie do polígono de Lamas de Abade, 74.645 metros cadrados, terá un aproveitamento de 341 vivendas, das que 253 serán de protección o final e o resto de prezo limitado. Tamén neste caso a execución está prevista en doce meses. O orzamento aprobado para este solo son 4.763.386,02 euros.

Compartir: