EDUCACIÓN

Publícase a listaxe de prazas adxudicadas no Programa de Conciliación de Semana Santa

21/03/2023 A Concellaría de Educación publica hoxe a listaxe de admitidos e de agarda do Programa Municipal de Conciliación de Semana Santa 2023 que se desenvolverá os días 3, 4, 5 e 10 abril de 2023 nos CEIPs Quiroga Palacios e Monte dos Postes.

Todas as persoas solicitantes foron admitidas, agás as que presentaron a súa solicitude fóra de prazo. No caso de que finalmente queden prazas vacantes, asignarase prazas á lista de agarda dos solicitantes que entraron fóra de prazo.

Programa de Conciliación

Esta iniciativa está dirixida a nenos e nenas empadroados no Concello de Santiago ou que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria da cidade (entre o 2º ciclo de educación infantil e o 3º ciclo de educación primaria) con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

O programa desenvolverase durante o período de vacacións escolares dos días 3, 4, 5 e 10 abril de 2023.

O horario será de 9:00 a 14:00 horas con posibilidade de ampliar o horario co servizo de madrugadores con almorzo (de 7:45 a 9:00 horas) e o servizo de comedor (de 14:00 a 16:00 horas).

Ofertanse un total de 170 prazas para obradoiros e actividades, 70 prazas para o servizo de almorzo e 130 prazas para o servizo de xantar. Reservaranse 20 prazas de cada modalidade para nenos e nenas con informe do Departamento de Servizos Sociais do Concello de Santiago.

Compartir: