ROLDAS

Emisión das roldas do xoves 16 de setembro

16/09/2021 Hoxe retransmitiranse as seguintes roldas:

10.30 h
Na terraza da Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; do concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte; das asociacións de comerciantes Santiago Centro, Compostela Monumental, Em-Rede, Ourives de Compostela e Área Central; e da Asociación Hostelería Compostela para presentar o programa de dinamización e incentivación do consumo no comercio e hostalería a través dos bonos Corazón Compostela.
NOTA: a rolda retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.00 h
Na terraza da Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, para presentar a programación de setembro a xuño do Centro Xove.
NOTA: a rolda retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.



Compartir: