CONVIVENCIA

Activado o dispositivo fronte ás xeadas

01/12/2015 O Concello de Santiago, a través da Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia, puxo en marcha na pasada noite, por vez primeira no outono, o operativo especial contra as xeadas. A caída das temperaturas nos últimos días motivou que se activara o dispositivo, no que participan a Policía Local, Protección Civil e os técnicos de Urbaser.

As condicións meteorolóxicas da pasada noite recomendaron activar o nivel de alerta 1, dos tres recollidos no protocolo de intervención fronte ás xeadas. Este primeiro nivel de alerta, por previsión leve de xeo ou neve, aféctalle ás seguintes rúas:

- Costa de San Marcos, dende a entrada do Monte do Gozo ata a Capela.
- Vial Camilo José Cela, desde a rotonda da BMW ata o Polígono do Tambre.
- Estrada de Chaián ata o Polígono do Tambre.
- Accesos ao Hospital Clínico (Cantaleta e Vitoria Míguez).
- Accesos ao Hospital Provincial (Ramón Baltar).

Compartir: