DEPORTE

Santiago, cidade candidata a ser sede en 2017 do Campionato de Europa Xuvenil de Xadrez

04/08/2015 A alcaldesa en funcións, María Rozas, e a concelleira de Deporte, Noa Morales, recibiron en Raxoi a representantes das federacións europea, española e galega de xadrez para falar da candidatura de Santiago de Compostela a organizar o Campionato de Europa Xuvenil de Xadrez en 2017.

A alcaldesa e a concelleira manifestáronlle aos federativos o apoio institucional do Concello de Santiago a esta candidatura. A decisión sobre a sede que finalmente organizará o Campionato de Europa coñecerase en outubro na cidade de Bar, en Montenegro.

Xunto a Santiago, optan a ser sede as cidades de Budva (Montenegro), Mamaia (Romanía), Pobrad-Tatry (Eslovaquia) e Antalya (Turquía).

Compartir: