ECONOMÍA

Primeira sesión de #Lanzateaemprender

23/10/2014 A concelleira de Economía, Reyes Leis, asistiu en Área Central á inauguración do programa #Lanzateaemprender, que ten por obxecto colaborar cos mozos emprendedores que teñen ideas empresariais e precisan un apoio para levar a cabo os seus proxectos.

#Lanzateaemprender concíbese como unha acción de emprendedores para emprendedores, una experiencia de intercambio entre emprendedores que xa converteron en realidade os seus proxectos empresariais e persoas que teñen unha idea de negocio, pero precisan apoio para poder desenvolvela adiante.

O programa inclúe 64 horas formativas impartidas por empresarios, que comezaron este venres na sede de AJE Santiago, en Área Central. As sesións prolongaranse durante finais de outubro e a primeira quincena de novembro.

Compartir: