ALCALDÍA

Reunión de Agustín Hernández coa Asociación de Veciños de San Lázaro

29/09/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, continúa coa rolda de contactos coas asociacións veciñais dos barrios e parroquias de Santiago. Desta vez foi a Asociación de Veciños de San Lázaro a que pasou polo Pazo de Raxoi.

Os representantes veciñais de San Lázaro expresáronlle ao alcalde as súas principais demandas para o barrio. Na reunión tamén participou Luis Meijide, concelleiro de apoio na Área de Relacións Veciñais e Medio Rural.

Compartir: