FESTAS

A Banda Municipal de Música ofreceu un repertorio de composicións galegas no seu segundo concerto das Festas do Apóstolo

27/07/2014 A Banda Municipal de Música, dirixida por Juan Miguel Romero Llopis, ofreceu un novo concerto dominical na rúa do Vilar, desta vez no marco das Festas do Apóstolo. O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a concelleira de Cultura e Patrimonio, María Antón, asistiron ao recital.

O programa deste concerto configurárono varias composicións de música galega: Brisas do Tea (pasodobre), de I. Lecumberri; A Meiga, de J. Guridi; Non chores Sabeliña, de G. Freire; Maruxa (selección), de A. Vives; Romasi Naseiro, de M. Iglesias; e Carmiña, de T. Blanco.

Compartir: