CENTROS SOCIOCULTURAIS

Poesía na escalinata do Hospital Psiquiátrico para recordar o Banquete de Conxo e a Aurelio Aguirre

22/03/2014 O acto estivo organizado pola Concellería de Centros Socioculturais en colaboración coa Editorial Alvarellos para lembrar o Banquete de Conxo e a figura do poeta Aurelio Aguirre.

A histórica reunión que se celebrou o 2 de marzo de 1856, organizado polo poeta Aurelio Aguirre, recibiu a súa homenaxe este sábado as 19: 00 horas na escalinata do pavillón central do Hospital Psiquiátrico de Conxo.

Recitáronse poemas de Aguirre do libro Recuerdos de Agosto editado por Alvarellos e o Consorcio de Santiago e Xurxo Martínez González, autor do estudo histórico do libro, ofreceu unha conferencia sobre o contexto histórico do Banquete de Conxo. O recital poético-musical correu a cargo de Henrique Alvarellos, Celia Parra Díaz, Rosalía Fernández Rial e Serxio Pablo Vidal.

Este acto enmárcase no programa "Ler, contar e gozar coas letras" que pon en marcha a Concellería de Centros Socioculturais con máis de 30 actos entre marzo e xuño para celebrar e promocionar o mundo das letras entre todos os públicos, de pequenos a maiores.

Compartir: