CULTURA

O concerto de The National trasládase a Amio pola previsión de chuvia

27/04/2015 O Lapso 2015, evento musical que se celebra este xoves 30 de abril en Santiago de Compostela, trasládase da praza da Quintana ao Recinto Feiral de Amio. A previsión meteorolóxica para a xornada estima chuvascos fortes e vento, polo que a organización buscou un espazo alternativo que permita a súa celebración.

Na súa primeira edición, incluída no ciclo Compostela Rock, o Lapso 2015 trae por primeira vez a Galicia aos recoñecidos The National. A banda de Ohio é cabeza dun cartel de calidade que completan os portugueses The Gift e a banda pontevedresa Best Boy. O festival está promovido polas promotoras I-Radia Crea e Legal Music, coa colaboración de SON Estrella Galicia.

O Concello de Santiago e a organización habilitarán unha liña de autobuses que partirá o xoves da praza de Galicia cara o Recinto Feiral de Amio. Nos próximos días confirmarase a frecuencia e outros posibles puntos de recollida.

As entradas para asistir ao Lapso 2015 están á venda por 30 euros, no Teatro Principal de Santiago (martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas), na Reixa Tenda, en ticketea.com, entradas.abanca.com e ataquilla.com.

Compartir: