TURISMO

Easyjet promociona as súas conexións en Santiago de Compostela regalando dez billetes de avión o próximo mércores

26/04/2015 Turismo de Santiago colabora con Easyjet na promoción das súas conexións internacionais no aeroporto da cidade mediante a Easyjet Experience, que agasallará con dez billetes de avión aos seus seguidores nas redes sociais. Easyjet conta actualmente con tres conexións directas, Londres, Xenebra e Basilea. O 8 de xuño estreará unha nova ruta a Roma.

"Para poder atopar os 10 billetes escondidos en Santiago de Compostela, os cidadáns deberán estar pendentes do noso Facebook, a radio e as redes sociais de Turismo de Santiago, para poder resolver as pistas e atopar o lugar exacto onde se atopan os voos", segundo Borja Lozano, director de Marketing de Easyjet España.

Só as dez primeiras persoas máis rápidas que atopen os voos escondidos nalgún recuncho da cidade poderán gañar un billete para os destinos internacionais cos que Easyjet conecta o aeroporto de Santiago. O anuncio de pistas a través do Facebook de Easyjet comenzará a media mañá do mércores 29 de abril na conta de Easyjet España: facebook.com/easyjetES. Tamén se informará sobre o concurso nas contas de Turismo de Santiago, tanto en Facebook como en Twitter.

A Easyjet Experience, inspirada no experimento sociolóxico Hidden Cash, é unha acción de marketing para promocionar as conexións da compañía agasallando aos gañadores con experiencias para gozar en Europa. Santiago é unha das únicas cinco cidades de España onde se desenvolverá esta acción.

No ano 2014, Easyjet foi a compañía con maior número de pasaxeiros nas súas conexións internacionais no aeroporto de Santiago, con máis de 150.000 nas súas tres conexións a Xenebra, Basilea e Londres. Esta cifra supuxo un crecemento dun 25% respecto dos 120.000 pasaxeiros que tivo no 2013. Neste 2015, a compañía ampliará a súa oferta no aeroporto coa incorporación dunha nova conexión directa a Roma, que comezará a operar o 8 de xuño.

Compartir: