CENTROS SOCIOCULTURAIS

Ábrese o prazo de preinscrición nas actividades da rede de centros socioculturais para o curso 2014-2015

01/09/2014 A rede de centros socioculturais prepara xa o comezo dun novo curso cunha variada programación, caracterizada pola trasnversalidade de proxectos socioeducativos, imbricados nos barrios e nas parroquias do rural de Santiago. A concelleira María Antón presentou a programación en rolda de prensa, que incorpora máis de 590 accións en 43 equipamentos.

O prazo para poder participar nas novas actividades regulares programadas nos distintos centros abrirase a partir do vindeiro mércores 3 de setembro na maioria dos centros socioculturais da zona urbana. Os interesados poden achegarse xa a partir do día 1 de setembro polos centros de Vite, Conxo, Fontiñas, A Trisca, O Ensanche, Santa Marta e o Castiñeiriño para coñecer o calendario de preinscrición e as novas actividades que tamén se poden visualizar nas páxinas web www.santiagodecompostela.gal e www.santiagosociocultural.org.

Nos locais socioculturais dos barrios haberá tamén un calendario de preinscrición específico co fin de recoller as solicitudes de participación nas actividades que comezarán no mes de outubro. No caso dos centros socioculturais do rural o prazo para as preinscricións desenvolveranse do 6 ao 18 de outubro e os cursos regulares comezarán no mes de novembro.

Como sinalou a edil María Antón, o obxectivo desta estensa programación é promover o desenvolvemento integral das persoas, fomentar a convivencia e incrementar a participación da veciñanza na vida da cidade, dos barrios e das parroquias, arredor de centros de interese como son a animación sociocultural, a educación permanente, as artes e a cultura, o tempo libre, a participación cidadá, as novas tecnoloxías e a biblioteca Jose Saramago dos centros socioculturais.

A programación dos centros socioculturais xira en torno a proxectos diversos: proxecto de dinamización de clubs de teatro, de lectura, de xadrez, xogos populares na rúa, proxecto de apoio,difusión e divulgación de producións escénícas nas distintas salas da rede, proxecto de actividades formativas en torno ao predeporte, arte e plástica, o baile,a s linguas e culturas,as novas tecnoloxias; proxecto de educación para a saúde e mellora da calidade de vida a través de obradoiros de memoria, saídas, excursións e viaxes, bailes para maiores; proxecto Biblioteca José Saramago e axencias no csc Vite, Sta.Marta e Fontiñas, actividades de dinamización; proxectos de tempo libre no Nadal, Antroido, Verán, semanas conmemorativas; e nova edición Compostela Cine Classic 2014,

Localización das actividades (43 equipamentos):
Csc Fontiñas, A Trisca, Viso, Amio e As Cancelas.
Csc Castiñeiriño, Sar, Cardeal Quiroga, Pontepedriña
Csc Conxo, A Rocha e Vidan, Csc O Ensanche, Sta.Marta, Casco Histórico e San Lourenzo, Csc Vite, Casa Agraria, Romaño, Almáciga, A Caramoniña, Brañas de Andres e Casas Novas.
Centros das parroquias do rural: A Gracia, Villestro, Marrozos, O Eixo, Laraño, Figueiras, Lavacolla, Bando, Santa Cristina de Fecha, Enfesta, A Peregrina, Lamascal, Marantes, Grixoa, Aríns, San Xulian do Carballal, Nemenzo, Busto, Berdía, San Xoán de Fecha.

Pódese tamén coñecer a programación ofertada polas distintas entidades dos barrios e parroquias nestes centros, complementaria á prevista polo Concello.

Tipoloxía das actividades
As actividades preséntanse en formatos variados para facilitar a participación: cursos trimestrais, obradoiros continuados, monográficos puntuais, exposicións, charlas, xuntanzas informativas, excursións, xornadas conmemorativas dos barrios, bailes, visitas guiadas, actuacións musicais, teatrais, xogos de rúa, servizos de biblioteca, aulas de xogo, aulas informáticas, así como os servizos de préstamo de espazos para uso por parte de entidades no desenvolvemento de proxectos propios. Contabilizanse nesta programación máis de 590 accións distintas.

A concelleira fixo fincapé no éxito que están a ter as programacións dos centros, con arredor de 300.000 usuarios estables, máis de 100 asociacións de veciños que participan nos centros e con maís de 300 peticións de usos puntuais en 2013. Neste ano xa se rexistraron 174.

Destinatarios
Nenos, adolescentes, adultos, persoas maiores e público interxeracional, con prioridade para os empadroados en Santiago.

Prezo
O prezo das actividades que supoñan pagamento variará segundo a duración das mesmas e o tipo de usuario. O pagamento en xeral, correspondente ás actividades é trimestral, a excepción dos clubs que teñen unha única cuota. Outras actividades gozan dun prezo subvencionado a proposta das asociacións de veciños e dos propios equipos de programación dos centros.

O abono da cuota faise a traves dun modelo formalizado que, unha vez confirmada a obtención da praza, entregarase nos centros socioculturais onde se desenvolva a actividade. Poden consultarse na información que se engade en documento adxunto.

O acceso a outros servizos como bibliotecas, aulas informaticas(uso libre), aulas de xogo, uso expositivo, espectaculos teatrais, culturais.. é de maneira xeral de balde.

Ademais desta oferta regular, os centros socioculturais desenvolven actividades que non requiren de apuntamento e son de tipo gratuíto como o acceso ás aulas de xogo, Biblioteca José Saramago con axencias en Vite, Fontiñas, Conxo, Castiñeiriño e Santa Marta, xuntanzas informativas, acceso ás aulas informaticas en horario libre de cursos, visionado de documentais divulgativos, bailes para maiores, lectura de prensa, actividades expositivas, actuacións de grupos de teatro e de maxia, contacontos asi como préstamo de salas para entidades, e animación sociocultural a cargo de monitorado especializado.

Actividades
Actividades de movemento:
Aerobic, Baile tradicional, Latino, Moderno, Salón, Capoeira, Chikung, Danza Bollywood, Danza oriental, ventre, ioga,meditación, patinaxe, pilates, taekondo, tenis de mesa,taichi,tao yin, ximnasia, zumba.

Actividades culturais: música, banco do tempo, bateria, cafe+conto, play station, club maiores, club lectura, club teatro, corais, achegamento a linguas e culturas, gaita, guitarra, estimulación da memoria, sevillanas, club de xadrez,

Actividades manuais: arte floral, bolillos, bordado, calceta, cocina, cerámica, corte e confección,costura, debuxo, encaixe de palillos, ganchillo, labores manuais,pintura, patchwork,restauración, tarde de punto,..

Actividades infantís: club pequenos lectores, abalorios e fíos, apoio ao estudo, aula de xogo(12), baile galego tradicional, baile moderno, bebeteca en Fontiñas, Cerámica, cocina, contacontos, danza ballet, diverpeques, debuxo, encontros interxeracionais, espazo infantil, futbol,guitarra, inglés, iniciación ao circo, iniciación á musica, karate, manualidades, pandeireta, patinaxe, pintura, tardes de xogo, teatro, venres en familia, xadrez, xogos na praza roxa, xogos populares, xoves ludico.

Actividades aula informática
StaMarta, Conxo,Fontiñas,Vite, Castiñeiriño, Ensanche, A Trisca, A Rocha, Vidán, San Lourenzo, Sar, Pontepedriña, Cardenal Quiroga, Amio, Brañas de Andrés, As Cancelas, Casa Agraria, Casco Histórico, Romaño, A Gracia, A Peregrina, Arins, Bando, Enfesta, Eixo-Bornais,Figueiras, Lamascal, Laraño, Lavacolla, Marantes, Marrozos,Sta.Cristina de Fecha, Villestro.

Niveis de alfabetización en TIC
Nivel 1- cursos de primeiros pasos nas novas tencoloxías
Nivel 2- cursos de prográmas específicos
Nivel 3- ampliación de contidos: seguridade, riscos, prevención de riscos.

Máis información en
www.santiagosociocultural.org

Compartir: