CULTURA

Novas datas das actuacións aprazadas polo mal tempo do programa Verán na rúa.

29/08/2014 Debido a mal tempo as actuacións do luns e do martes do programa Verán na rúa foron aprazadas para a próxima semana. Mércores 3 e xoves 4 de setembro ás 19.30 h na praza de San Martiño Pinario. Entrada libre

• Mércores 3 de setembro ás 19.30 h na praza de San Martiño Pinario actuación do Mago Xacobe. Entrada libre

O televisivo Mago Xacobe celebra o seu 20º aniversario no mundo da maxia co espectáculo ‘Ilusións máxicas… 20 anos de maxia’ adaptado especialmente para a rúa, dinámico e participativo, onde imperan o humor e a ilusión.
Ilusións creadas a escasos metros dos espectadores, con todo tipo de elementos cotiáns como cartas, cordas, froitas ou billetes que por un momento escaparán ás leis físicas e da mente...

• Xoves 4 de setembro setembro ás 19.30 h na praza de San Martiño Pinario actuación da compañía Código Morsa. Entrada libre

A compañía galega de teatro cómico Código Morsa representará ‘Supergalácticos’ un espectáculo de teatro especialmente dirixido a nenos e nenas maiores de 3 anos.
Había unha vez, nunha afastada galaxia, un planeta no que vivían uns seres moi semellantes a nós que posuían habilidades extraordinarias. Tras moito tempo permitindo que se incendiasen os montes e construíndo encoros, minas de ouro e centrais nucleares, aquel planeta chegou ao seu límite e estoupou... Dous dos seus habitantes escaparon xusto a tempo nunha nave espacial: eles son os Supergalácticos e usan os seus superpoderes cómicos para axudarnos a evitar que a Terra sufra o mesmo tráxico destino que o seu planeta.

Compartir: