EDUCACIÓN E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Uns 400 nenos e nenas de varios campamentos urbanos asistiron a unha exhibición de unidades policiais na Alameda

29/07/2014 A concelleira de Servizos Sociais e Educación, María José Corral, asistiu á exhibición de unidades da Policía Nacional para os preto de 90 nenos que participan no programa municipal de conciliación Mañás de verán, organizado polo Departamento de Centros Socioculturais nos locais de Vite, Santa Marta e Fontiñas. A estes sumáronse outros 180 rapaces do campamento urbano do Instituto Rosalía de Castro e 130 do Centro Don Bosco.

A exhibición celebrouse no paseo central da Alameda. Alí, os pequenos puideron achegarse de preto a coñecer as unidades de cabaleiría, guías caninos e subsolo, así como as unidades especiais. Esta actividade tiña como finalidade mellorar o coñecemento que teñen os rapaces dos corpos policiais en xeral e do labor que prestan en beneficio da comunidade.

A exhibición da Alameda enmárcarse no Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus entornos da Policía Nacional e foi organizada pola súa Área de Participación Cidadá.

Compartir: