SEGURIDADE E MOBILIDADE

Protección Civil, cos nenos do campamento infantil de verán da Gracia

23/07/2014 Voluntarios de Protección Civil e axentes da Policía Local estiveron no Local Sociocultural da Gracia cos nenos e nenas que participan no campamento infantil de verán organizado pola asociación veciñal desta parroquia compostelá, aberto tamén a Grixoa e Lamascal.

Os nenos puideron coñecer os diversos labores que desempeñan os voluntarios de Protección Civil, como a atención aos peregrinos ou a colaboración na boa marcha de grandes eventos como os das Festas do Apóstolo.

Compartir: