CENTROS SOCIOCULTURAIS

Música, lume, sardiñas e xogos na Festa de San Xoán do barrio de Conxo

19/06/2013 O concelleiro de Centros Socioculturais e de Participación Cidadá, Francisco Noya, presentou o programa da Festa de San Xoán 2013 do barrio de Conxo, xunto coa Coordinadora das Festas Tradicionais de Conxo, integrada polas entidades socioculturais do barrio. Na rolda tamén se presentou a imaxinería na queima da lumieira de San Xoán.

O barrio de Conxo volve vivir intensamente a festividade do San Xoán cunha xornada de actividades no campo de Conxo (a carón da igrexa) para a tarde e a noite do domingo 23 de xuño. O programa inclúe, xa dende as 19:00 horas, xogos populares na praza Aurelio Aguirre. A esa mesma hora haberá unha actividade, con inscrición previa, de busca das herbas de San Xoán.

Ás 21:30 horas comezará a gran sardiñada. Non obstante, o servizo de bar e polbeira xa estará aberto dende as 14:00 horas. A música poraa dende as 22:00 horas o grupo de gaitas da Asociación de Música Tradicional de Conxo. E á media noite, gran cacharela coa queima da Deusa das Meigas

A Coordinadora
A Coordinadora das Festas Tradicionais de Conxo é un colectivo creado no 2011 e que aglutina a asociación de veciños, culturais e equipamentos socioculturais públicos con base de actuación no barrio. Ten como obxectivo o traballo conxunto de planificación, elaboración e desenvolvemento das festas tradicionais de Conxo.

Compartir: