Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
ALCALDÍA

O alcalde recibiu o novo embaixador de Uruguai en España, Francisco Bustillo

O alcalde co embaixador e coa cónsul de Uruguai en Santiago, Marta Echarte.
Ampliar O alcalde co embaixador e coa cónsul de Uruguai en Santiago, Marta Echarte.


25/04/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi o novo embaixador de Uruguai en España, Francisco Bustillo Bonasso, de visita en Galicia.

O diplomático e o rexedor compostelán conversaron sobre os tradicionais lazos de unión entre Uruguai e Galicia e de posibles colaboracións en diversas materias. Francisco Bustillo está a manter contactos durante a súa visita con diversos axentes políticos, económicos e sociais galegos. Ademais, prepara a visita que o presidente de Uruguai, José Mujica, realizará proximamente a Galicia.
Documentos relacionados

Voltar


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal