DEPORTES

O Concello convida os composteláns a apoiar ao Obradoiro dende a Sala Capitol

12/01/2013 O Concello de Santiago, a través do seu Departamento de Deportes, convida a todos os composteláns e compostelás á Sala Capitol para asistir á retransmisión do partido que disputará o Obradoiro CAB fronte ao FIATC Joventut en Badalona este domingo, 13 de xaneiro, ás 12:40 horas, correspondente á 17ª xornada da Liga ENDESA. Trátase dun partido decisivo, que pode levar ao Obradoiro á fase final da Copa do Rei.

Para animar ao Obradoiro e para felicitalos pola temporada que están realizando, a Concellería de Deportes colocou un cartel na entrada da Alameda. Tamén dispuxo un hastag para que, a través de Twitter, os afeccionados obradoiristas poidan deixar as súas impresións: #soñaresan.

Compartir: