Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
Compartir:
DEPORTES

O Concello convida os composteláns a apoiar ao Obradoiro dende a Sala Capitol

Imaxe do cartel colocado na Alameda.
Ampliar Imaxe do cartel colocado na Alameda.


Outra vista da mensaxe de apoio e agradecemento.
Ampliar Outra vista da mensaxe de apoio e agradecemento.


12/01/2013 O Concello de Santiago, a través do seu Departamento de Deportes, convida a todos os composteláns e compostelás á Sala Capitol para asistir á retransmisión do partido que disputará o Obradoiro CAB fronte ao FIATC Joventut en Badalona este domingo, 13 de xaneiro, ás 12:40 horas, correspondente á 17ª xornada da Liga ENDESA. Trátase dun partido decisivo, que pode levar ao Obradoiro á fase final da Copa do Rei.

Para animar ao Obradoiro e para felicitalos pola temporada que están realizando, a Concellería de Deportes colocou un cartel na entrada da Alameda. Tamén dispuxo un hastag para que, a través de Twitter, os afeccionados obradoiristas poidan deixar as súas impresións: #soñaresan.

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal