BARRIOS

O Concello acometerá obras en 17 barrios por importe de 800.000 euros

05/09/2012 O concelleiro de Barrios, Juan de la Fuente, deu conta dunha serie de obras que o seu Departamento vai a executar nos vindeiros meses en 17 barrios da cidade. A Xunta de Goberno irá adxudicando progresivamente as distintas actuacións, cuxo investimento total será de 800.733 euros.

Juan de la Fuente destacou que todas as actuacións foron acordadas coas entidades veciñais dos diferentes barrios, que marcaron un orde de prioridades en canto as obras necesarias para cada un deles. Quedan fóra deste primeiro paquete de obras os barrios da Almáciga e das Cancelas, con actuacións pendentes no marco do proxecto Urbana Santiago Norte, e o barrio de Guadalupe, no que o concelleiro considera que é necesario facer "unha actuación integral". Así, cifrou nuns 440.000 euros o investimento necesario para este barrio, que se irá realizando progresivamente e segundo vaia habendo dispoñibilidade orzamentaria.

Recordou o edil que estas obras son a maiores das que xa vén realizando de forma permanente e atendendo a demandas veciñais a Brigada de Vías e Obras. Ademais, e en función de remanentes orzamentarios e baixas nas licitacións, iranse afrontando outras actuacións. Destacou igualmente que a dirección de obra destas actuacións a realizarán técnicos municipais, co conseguinte aforro nos orzamentos de licitación.

Inclúese a relación de obras no documento adxunto.

Documentos relacionados



Compartir: