URBANISMO

Os proxectos de recuperación da finca do Espiño e do palacete serán os primeiros en licitarse tras a aprobación dos orzamentos

27/07/2012 A concelleira de Urbanismo, María Pardo, compareceu en rolda para informar sobre a finca do Espiño. Ademais de explicar a tramitación do proxecto, anunciou que a recuperación da finca como parque público e o arranxo do palacete serán os primeiros proxectos que se liciten tras a aprobación dos novos orzamentos.

Esta obra permitirá recuperar para todos os cidadáns unha superficie duns 18.000 metros cadrados de parque público e arranxar un palacete que nestes intres presenta un importante deterioro. Tamén se referiu a edil á área residencial que construirá a empresa Layetana, recordando os beneficios que o investimento, de 24 millóns de euros, traerá para as empresas compostelás nestes momentos de crise económica. Finalmente, reiterou que, en paralelo, se continúa co procedemento de constrinximento para cobrar o diñeiro que, por sentencia xudicial, debe satisfacer a empresa Layetana ao Concello.

Compartir: