Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
Compartir:
TURISMO

A aplicación para móbiles de Turismo de Santiago supera as 7.000 descargas

Imaxe da aplicación.
Ampliar Imaxe da aplicación.


08/06/2012 A aplicación para dispositivos móbiles de Turismo de Santiago superou esta semana as 7.000 descargas dende a súa presentación, o 21 de decembro de 2011. Isto significa que tivo unha media de descargas superior ás 1.000 ao mes. En concreto, ata o seis de xuño houbo 7.133 descargas, 5.154 da versión para Apple e 1.979 da versión de Android.

A aplicación está dispoñible nos sete idiomas nos que tamén está a web oficial de Turismo de Santiago: galego, castelán, inglés, francés, alemán, italiano e portugués. Grazas a isto, a aplicación ten descargas dun amplo abano de países. Entre eles destacan Italia, Alemaña, Estados Unidos, Brasil e Reino Unido.

Na aplicación está dispoñible toda a información que hai na web de Turismo de Santiago. Están incluídos todos os monumentos da cidade, museos, parques e xardíns, arquitectura de autor, galerías de arte, salas de exposición, miradoiros. Tamén todos os hoteis, pensións, restaurantes, cafeterías, así como servizos básicos para os turistas. Todas estes puntos aparecen xeolocalizados na aplicación, tendo sempre información dispoñible do recurso que queira coñecer.

Ademais, inclúe 23 audioguías dispoñibles en seis idiomas: castelán, inglés, francés, alemán, italiano e portugués. As audioguías, que se descargan individualmente, conteñen información turística de múltiples puntos e recursos turísticos da cidade, de tal xeito que as persoas que visitan a cidade poden deseñar con elas as súas propias rutas.

Na aplicación hai enlaces directos á propia central de reservas de Turismo de Santiago, de tal xeito que un turista que estea na cidade e non teña aínda onde pernoctar, pode consultar a dispoñibilidade de diferentes hoteis e reservar dende o seu propio dispositivos.

As páxinas onde se pode descargar a aplicación son:

Apple: http://itunes.apple.com/es/app/turismo-santiago-compostela/id477726045?mt=8

Android: https://market.android.com/details?id=com.santiagoturismo.app

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal