ALCALDÍA

O alcalde recibiu o embaixador de Xapón

05/06/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu o embaixador de Xapón, Satoru Satoh, de visita en Galicia. O diplomático deixou a súa sinatura no Libro de Honra.

O diplomático e o alcalde falaron de diversas cuestión de actualidade e da relación entre Santiago e Xapón. De feito, o Concello ofreceuse a colaborar coa Embaixada nipona co gallo do Ano de Xapón en España.

Xapón e Santiago teñen unha estreita relación en materia turística, concretada nos últimos anos na promoción conxunta dos Camiños de Santiago e de Kumano. Dende Turismo de Santiago tamén se realizan diversas accións promocionais destinadas ao mercado nipón.

Compartir: