VIVENDA

Aprobados os proxectos de urbanización de novos solos no Castiñeiriño e Lamas de Abade.

24/04/2006 A Xunta de Goberno deu o visto bo ós proxectos de urbanización dos solos SUNP-11 do Castiñeiriño e SUNP-12 de Lamas de Abade. Estes proxectos permitirán a construcción de máis de 500 vivendas protexidas.

O proxecto do Castiñeiriño, promovido pola Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Santiago de Compostela (EMUVISSA), esténdese sobre unha área de máis de 35.000 metros cadrados. Permitirá a construción de 196 vivendas protexidas e a reserva de preto de 13.000 metros cadrados para equipamentos e zonas verdes.

Nos terreos de Lamas de Abade a superfice afectada é duns 70.000 metros cadrados, nos que se edificarán 341 vivendas. Para equipamentos e zonas verdes reservaranse uns 20.000 metros cadrados. A promoción tamén corresponde a EMUVISSA.

Compartir: