Ayuntamiento de Santiago de Compostela

Saltar a los contenidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
Compartir:
DEPORTES

O CD Conxo fomentará a conciliación familiar e laboral no seu campus de verán

Carlos Bermúdez, Adrián Varela e José Ramón Gómez na presentación do Campus.
Ampliar Carlos Bermúdez, Adrián Varela e José Ramón Gómez na presentación do Campus.


16/05/2012 O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o I Campus de Verán do Club Deportivo Conxo, que se celebrará do 25 de xuño ao 31 de xullo. Esta iniciativa, coa que colabora o Concello, ten coma finalidade potenciar, mediante actividades lúdicas e deportivas, un hábito de vida saudable entre os máis cativos.

Este Campus supón unha alternativa de educación e lecer para o verán. Dirixido por un contrastado elenco de monitores, contará con actividades deportivas –fundamentalmente centradas no fútbol e no balonmán- e con diversos obradoiros. Todo isto completado con clases de inglés, excursións ao Aquapark de Cerceda, teatro, saídas ás piscinas de Sar, etc.

Segundo anunciou o presidente do club, José Ramón Gómez, tamén está confirmada a presenza dalgún xogador de fútbol de elite do Celta e do Deportivo. Mesmo se está a falar cun xogador internacional para que poida pasar por Santiago nas datas do Campus ou noutro momento. A xogadora Verónica Boquete amosou igualmente a súa disposición a participar.

O campamento está dirixido a nenos e nenas nados entre 1998 e 2008. As actividades desenvolveranse, de 8:00 a 13:00 horas nas instalacións do club (1998 e 2004) e no Centro Sociocultural de Conxo (nados entre 2005 e 2008). En palabras de José Ramón Gómez, respóndese así a unha demanda de conciliación familiar e laboral dos pais dos nenos e nenas do club, que á súa vez se abre a toda a cidade. A día de hoxe xa hai 40 inscricións neste Campus, contemplándose un máximo de 200 prazas.

Nas actividades terá un papel destacado o fútbol feminino xa que, segundo explicou o responsable desta modalidade no CD Conxo, Carlos Bermúdez, se quere invitar ás nenas a familiarizarse co club. Na actualidade hai dous equipos femininos disputando a competición local.

Toda a documentación de inscrición debe presentarse nas oficinas do CD Conxo (xunto ao campo de fútbol). Máis información nos teléfonos 609 308 975 e 670 214 000, e a través do e-mail campuscdconxo@gmail.com
Documentos relacionados
Direcciones relacionadas

Volver


Mi compostela

Pon esta web más cómoda, más rápida, más a tu gusto.

Agenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Ayuntamiento de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centralita) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal